Manuel Gómez / Produción

Manuel Gómez

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Manuel  Gómez
Manuel Gómez
Produción
Nome completo: Manuel Gómez Santos
A Coruña    



Produciu e codirixiu a longametraxe “O bosque animado”. É director da productora audiovisual Dygra desde 1987. Comezou a súa andaina profesional no sector do deseño gráfico e editorial e desde 1996 dedícase á producción propia de multimedia. En 1998, coa empresa Filloa Records desenvolve o videoxogo “Bicho” co que obtivo o Trofeo Laus de deseño multimedia. Desde entón centra a súa actividade no eido da animación 3D. Os seus traballos teñen recibido numerosos premios entre os que se contan dous “Goyas” e varios galardóns da AGAPI.

Premios e recoñecementos: Merecedor do Premio Honorífico Fernando Rey á súa traxectoria profesional. As súas produccións “Euro” e “Bicho” sumaron en 1997 cinco premios AGAPI; gañando ademais a segunda o Premio Nacional de Deseño na categoría multimedia. “O bosque animado” recibiu numerosísimos galardóns.
Dygra Films foi nominada ao premio Príncipe Felipe de Innovación
empresarial, no apartado de Innovación tecnolóxica polo traballo desenvolvido en "O
Bosque Animado".


Formación específica: Máster en Dirección de empresas e Marketing pola UDC (MBA business school).

FILMOGRAFÍA

Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Manuel Gómez

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Manuel Gómez (8)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org